Casa para entrar a vivir con jardín y piscina en Luou, Teo
Teo / Bounou
5 habitacións3 baños2 aseos2010278.00 m²Sur
Características destacadas
- Armarios empotrados
- Calefacción
- Cocina equipada
- Despensa
- Jardín
- Luminoso
- Luz
- Muebles
- Piscina propia
- Televisión
- Trastero
O entorno
- Árboles
- Autobuses
Emisións
GCertificado enerxético
GDescrición
Tes as maletas feitas? XUBIAL INMOBILIARIA pon no mercado esta propieda lista para ENTRAR A VIVIR en Nespereira, Luou, TEO. – Véndese AMOBLADA.
Propiedade que se atopa nun PERFECTO ESTADO DE CONSERVACIÓN, que conta con todo luxo de detalles para facela o teu fogar.
Ten calefacción por GASOIL e PELLETS, podendo elexir entre ambas. Ao igual que a auga quente.
PISCINA PROPIA e REGO AUTOMATIZADO.
AUGA DE POZO propio e ALCANTARILLADO. (Existe a posibilidade de auga municipal, tan só habería que conectala).
Falamos dunha construcción de 278m2 que se asenta sobre unha parcela de 700m2.
Distribuída en 3 plantas. Na planta baixa atopamos un garaxe onde caben perfectamente 2 coches e unha zona diferenciada pensada para eventos con COCIÑA INDUSTRIAL, FORNO INDUSTRIAL, CAMPANA INDUSTRIAL ademáis do resto do equipamento da cociña. Este mesmo espazo conta con mesa de comedor, sofá e TV. Nesta mesma planta está a sala de caldeiras, e un aseo.
Xa na planta principal, recíbenos un amplísimo hall/recibidor, cociña totalmente equipada, salón luminoso, habitación con baño en suite, aseo e o que nun principio era unha habitación, que arestora fai de vestidor. Amplo vestidor, amplísimo 😉
Na segunda planta, no baixo cuberta, contamos cunha habitación moi grande, outra que arestora fai de cuarto de planchado e unha terceira habitación de tamaño normal. Nesta planta ademais contamos con dous baños independentes.
Vivenda construída no ano 2010, e con MOITA LUZ xa que está orientada ao SUR.
Non o dubides, pídenos visita sen compromiso.
Distribución
Interésache?
O noso equipo especializado está sempre dispoñible e preparado para axudarche a atopar a vivenda dos teus soños ou asesorarche no proceso.








































































